CONCERTOS! (plas!plas!)

Temos cubos e gasas preparadas para limpar o sangue que sairá das vosas mans por bater palmas nos concertos.Tamén unhas pastis de Suiza para a dor da gorxa despois de cantar.Estes son os concertos que nos agardan a partir das 13:30h.Ides flipar.
Deja Blues nos sorprenderán poñéndolle letras de panxoliñas ás melodías das cancións de Neil Young e Bob Dylan.El Hombre Flipante fará un acústico no que o único instrumento será a botella de anís e que rematará cunha posesión diabólica do espíritu do nadal.E para rematar,Quincho se atreverá cun recital de Grandes Éxitos da Zambomba parte I.

-------------------------------PERO A VER,HO,EN SERIO!!------------------------------

Deja Blues traen ó Vendesevende a alma de Neil Young e Bob Dylan para compartila con nós.Preciosas versións coas que non poderemos deixar de cantar e darlle ó pe.Só hai unha palabra para definilos:MOLAN!
El Hombre Flipante ven coa guitarra e se pon a cantar sobre as súas noites tolas,os seus amores e o dura que é a vida dun superheroe.Se vos fixades,de vez en cando lle sae un anaco da capiña coa que sae voando ó final dos concertos.Só hai unha palabra para definilo (e non é flipante): CHACHI!
Quincho é ese home que chega,sube ó escenario e así,como quen non quere a cousa,saca un repertorio de temazos propios e versións que te deixa coas galiñas como escarpias mentres non paras de bailar.Só hai unha palabra para definilo: GUAY.

*No mercadillo tamén venderemos diccionarios para quen necesite ampliar vocabulario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario