galería de fotos (I): feirantes
















fotos de Rita, Cris e Noelia, grazas! 

GRACIAS POR VENIR!!!!



Nin nos nosos mellores soños puidemos imaxinar o exitazo que tivo o Vendesevende. Xa hai asegurada unha segunda edición! Tres días despois aínda estamos...en shock.
Moitísimas grazas a Suso Manchita, aos grupos, aos pinchadiscos e a tod@s os que vos achegastes até o Manchita.
Grazas de corazón. Sodes grandes! :´)

POSTO LA CRISIS NO EXISTE,SON LOS PADRES

Carrapuchiña Vermella tamén virá ó Vendesevende!Estará alí,nun posto,adornando bolsos,en forma de broche e como lazo decorativo para chupetes!Aparte dela,tamén haberán auténticas obras de arte feitas con fieltro convertidas en monedeiros,colgantes...E as máis coquetas poderedes atopar diademas adornadas con plumas e lazos.Parada obrigatoria,rapazas!

O POSTO DE GOTITA DE COLA

Ay,o que nos gusta este posto!Son accesorios taaaan guays!Tantas cores,tantas formas,tantos estilos...Horquillas,pendentes,broches,chaveiros...todo cun toque retro pop.E feito na casa,como toda a artesanía dos postos que haberá no Vendevende!Tedes máis info deste posto en gotitadecola.blogspot.com

Se me enamora el alma,se me enamoraaaaaaaaaaaaaa....

HANDMADE HOMEMADE

Igual que nós, o  novo disco de Quant tamén é Handmade Homemade. Óscar Quant pinchará para todos nós, así que aproveitade para mercar o disco!

SÓ QUEDA UN DÍA!!!

Grazas ao Diario de Ferrol por mencionarnos outra vez.

MARACAS BAKERY

E se entre tanta compra queres parar un pouco e repostar sucre no corpo, aproveita e merca unha cupcake o unha galleta, feitas na casa e con moito mimo.

Maracas Bakery!!! mmmmmmmmmmm

UNHA BOLSA MENOS, DÚAS BOLSAS MENOS...

En Vendesevende gústanos a reutilización e o consumo responsable! por favor, colabora con nós e trae unha bolsa da casa para as túas compras :)

A PINCHADA DE ÁBRETE DE ORELLAS

Que siiii,que tamén teremos a Pepe,de Ábrete de Orellas,metendo man...ós discos.Vai ser antes dos concertos e dos callos,para poder ir botando unhas pezas como quecemento para o tremendo día que nos agarda.Que que música pinchará?A ver,ti ves como se chama?Pois eso!Non o sabemos porque ten as orellas tan abertas que tanto caen unhas sambas para mover o cucu,como algo de indie (non vos preocupedes se pincha este estilo e vos pilla desprevenidos:temos gafas de pasta á venda),como algo de yeyé.Vai ti saber!O que si que sabemos é que con el nós imos estar máis tempo na pista que nos postos.Danzad,danzad,malditos!!

O POSTO DE ICI&VIKKY

Este posto vai ser,sobre todo,o posto dos accesorios e a electrónica de fogar.Haberá roupa de 2ª man,si,pero tamén bufandas,fulares,sombreiros,gafas de sol,pulseiras e aneis feitos a man...

AY,QUE ME LO QUITAN DE LAS MAAANOS!

Pensabades que estas dúas rapazas non poderían ofrecer nada máis?Pois mirade,se queredes ter música en calquer lado da casa,poderedes mercarlles unha minicadea,pero se preferides levar a música pola rúa para semellar que vivides nun videoclip,tamén teñen un Ipod shuffle.Se o que queredes é mover as cachas pero dentro da vosa casa,mercádelles a Wii que porán á venda (cos seus mandos e xogos,que che son moi apañadiñas) e se estades ata o cú de que a xente se ría cando facedes o air guitar nas discotecas,podedes ensaiar en privado coa guitarra do Guitar Hero que levaran ó mercadillo.

Vós seredes libres para ensaiar o air guitar no Vendesevende.Nós seremos a vosas fans.

CONCERTOS! (plas!plas!)

Temos cubos e gasas preparadas para limpar o sangue que sairá das vosas mans por bater palmas nos concertos.Tamén unhas pastis de Suiza para a dor da gorxa despois de cantar.Estes son os concertos que nos agardan a partir das 13:30h.Ides flipar.
Deja Blues nos sorprenderán poñéndolle letras de panxoliñas ás melodías das cancións de Neil Young e Bob Dylan.El Hombre Flipante fará un acústico no que o único instrumento será a botella de anís e que rematará cunha posesión diabólica do espíritu do nadal.E para rematar,Quincho se atreverá cun recital de Grandes Éxitos da Zambomba parte I.

-------------------------------PERO A VER,HO,EN SERIO!!------------------------------

Deja Blues traen ó Vendesevende a alma de Neil Young e Bob Dylan para compartila con nós.Preciosas versións coas que non poderemos deixar de cantar e darlle ó pe.Só hai unha palabra para definilos:MOLAN!
El Hombre Flipante ven coa guitarra e se pon a cantar sobre as súas noites tolas,os seus amores e o dura que é a vida dun superheroe.Se vos fixades,de vez en cando lle sae un anaco da capiña coa que sae voando ó final dos concertos.Só hai unha palabra para definilo (e non é flipante): CHACHI!
Quincho é ese home que chega,sube ó escenario e así,como quen non quere a cousa,saca un repertorio de temazos propios e versións que te deixa coas galiñas como escarpias mentres non paras de bailar.Só hai unha palabra para definilo: GUAY.

*No mercadillo tamén venderemos diccionarios para quen necesite ampliar vocabulario.

RECORTE DE PRENSA

POSTO BELANDO ROCKS


Vestidos,pantalóns,gorros,bufandas,chaquetas e xerseis,camisetas,pelis,libros,estanterías para cd´s, cintos,lentes de sol, calentadores,un poncho,un camisón e unha mañanita,dous terrarios,unha casa para un gato/can pequeno,un SPIROGRAPH!,bolígrafos,chapas,cafetera eléctrica...todo esto nun só posto!Imos ter que sair os demais para que se acomode este cacho posto que é o Belando Rocks!Lau será a persoa que estará detrás desta montaña de cousas.Se non a vedes,buscade entre a roupa e malo será que non apareza... Máis cousas marabillosas en: http://belandorocks.blogspot.com/

Non te perdas a nosa sesión vermú

Exposición de Meli Criado

No Manchita Cosa é habitual ver a Meli Criado debuxando, cando non che está a ler as cartas do Tarot, claro. O día 17 é bo día para coñecer a súa obra, todo personalidade e cor. Nas súas propias verbas, "é algo que parece saír dun conto de fadas, e que define unha cidade imposible e inhabitable."
                         

OS POSTOS- 17.12.2011



Manchita Cosa (Magdalena, 138 Ferrol)
1.- Ja y Cristina
2.- Cintia
3.- Inés y Mery
4.- Bárbara (Calavera Zalamera)
5.- Antón
6.- Laura (Belando rocks)
7.- Montse (Yo Lo Quería Así)
8.- Amaia 
9.- Meli
10.- Lali
11.- Zel y Pitu
12.- Alua
13.- Iciar
14.- Aida

SESIÓN DE AGOSTINHO DJ


Sabíades que temos sesión vermú. Sabiades que poñeremos tapas de callos a tutiplén. O que non sabíades é que tamén nos encargamos de que baixedes os callos antes de que vos estoupe o recho. Non había outra opción que unha boa sesión de boogaloo, groove e latinjazz da man de Agostinho Dj. A partir das 14:30h, ides quedar sen pés. E non vos preocupes de gastar pista: tamén vendemos zapatos.  :)



Agostinho Dj forma parte de Carrero Bianco

YO LO QUERÍA ASÍ




















Qué cousiñas tan xeitosas fai esta rapaza!Carteiras,diademas,broches,aneis...todo cun toque naif-anos 50 que vos fará tolear.Somos moitos os fans de Yo lo Quería Así e unha vez que vexades o posto,non saberedes vivir sen os seus accesorios!!

EXPOSICIÓN PORNOPOP (de Fer Patiño)

Si,non estades lendo mal, haberá ata unha exposición pornográfica!! PornoPop é unha serie de cadros de Fer Patiño que misturan a temática porno coa estética pop. É unha colección incompleta, xa que no momento en que os estaba facendo empezou a adicarse ó audiovisual, pero aínda así temos 7 marabillosas pezas para mostrarvos. Agardamos que algunha colgue na parede da vosa casa!

O POSTO DE A&N

Pensabades que non iamos ter películas míticas e cd´s para cantar a berros? Pois estabades moi equivocados! No posto de A&N vai haber,aparte de roupa dos ´80, dvd´s e cd´s para tódolos gustos. Así o inverno non será tan duro!Non vos ides crer o material que atopadedes neste posto...