A PINCHADA DE ÁBRETE DE ORELLAS

Que siiii,que tamén teremos a Pepe,de Ábrete de Orellas,metendo man...ós discos.Vai ser antes dos concertos e dos callos,para poder ir botando unhas pezas como quecemento para o tremendo día que nos agarda.Que que música pinchará?A ver,ti ves como se chama?Pois eso!Non o sabemos porque ten as orellas tan abertas que tanto caen unhas sambas para mover o cucu,como algo de indie (non vos preocupedes se pincha este estilo e vos pilla desprevenidos:temos gafas de pasta á venda),como algo de yeyé.Vai ti saber!O que si que sabemos é que con el nós imos estar máis tempo na pista que nos postos.Danzad,danzad,malditos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario