SESIÓN DE AGOSTINHO DJ


Sabíades que temos sesión vermú. Sabiades que poñeremos tapas de callos a tutiplén. O que non sabíades é que tamén nos encargamos de que baixedes os callos antes de que vos estoupe o recho. Non había outra opción que unha boa sesión de boogaloo, groove e latinjazz da man de Agostinho Dj. A partir das 14:30h, ides quedar sen pés. E non vos preocupes de gastar pista: tamén vendemos zapatos.  :)



Agostinho Dj forma parte de Carrero Bianco

YO LO QUERÍA ASÍ




















Qué cousiñas tan xeitosas fai esta rapaza!Carteiras,diademas,broches,aneis...todo cun toque naif-anos 50 que vos fará tolear.Somos moitos os fans de Yo lo Quería Así e unha vez que vexades o posto,non saberedes vivir sen os seus accesorios!!

EXPOSICIÓN PORNOPOP (de Fer Patiño)

Si,non estades lendo mal, haberá ata unha exposición pornográfica!! PornoPop é unha serie de cadros de Fer Patiño que misturan a temática porno coa estética pop. É unha colección incompleta, xa que no momento en que os estaba facendo empezou a adicarse ó audiovisual, pero aínda así temos 7 marabillosas pezas para mostrarvos. Agardamos que algunha colgue na parede da vosa casa!

O POSTO DE A&N

Pensabades que non iamos ter películas míticas e cd´s para cantar a berros? Pois estabades moi equivocados! No posto de A&N vai haber,aparte de roupa dos ´80, dvd´s e cd´s para tódolos gustos. Así o inverno non será tan duro!Non vos ides crer o material que atopadedes neste posto...

CALAVERA ZALAMERA

No Vendesevende tamén estará Calavera Zalamera. No seu posto poderedes atopar broches, collares, pulseiras, etc con ese toque punk que tanto nos gusta. Deseños moi orixinais para xente que non quere o de sempre. Non saberedes cal mercar!!


EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

No Vendesevende haberá varias exposicións. Unha delas é a de Iciar Cervantes Casanova. Trátase dunha serie de fotografías chamada Liberdade/Libertad nas que se alternan imaxes dun cárcere abandoado con outras que evocan liberdade.
Estarán expostas para disfrutar e mercar no Manchita Cosa o vindeiro 17 de decembro!